InicioDeportesEdu defenderá un curso máis a portería do Pescados Rubén

Edu defenderá un curso máis a portería do Pescados Rubén

O capitán cumprirá unha década coa camisola laranxa en dúas etapas na entidade

Publicada o

- Advertisement -

O gardameta naronés Eduardo Saavedra Cebreiro, ‘Edu’, defenderá unha tempada máis a portería do Pescados Rubén Burela FS. Será o décimo curso do capitán en Vista Alegre, a sexta campaña na súa segunda etapa no club logo do seu paso polo Oxipharma Granada.

Edu completou unha espléndida tempada pasada, cun excelente final no que foi un dos futbolistas máis destacados do bloque tanto no último treito da Liga regular como no play off polo ascenso ante o Real Betis.

Deste xeito, o club laranxa dá por pechado o apartado de renovacións para o exercicio 2018-19. “Edu é un deportista da casa e toda unha referencia tanto nas pistas coma no vestiario. Poucas persoas coñecen tan ben a nosa estrutura e idiosincrasia”, explicou o presidente da entidade burelesa, Manuel Blanco.

ONCE XOGADORES

Con seis continuidades e cinco fichaxes, o novo proxecto do Pescados Rubén está moi avanzado. Juanma Marrube conta con Edu, Pope, Lucho, Hélder, Renato, Vargas, Iago Míguez, Juanfran, Porto, Luisma e Matamoros. 

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...