InicioDeportesO Heroes do Orzán arrinca con 66 equipos participantes

O Heroes do Orzán arrinca con 66 equipos participantes

A Fundación Imdecum e mailo Concello de Burela presentaron un libro-guía do torneo

Publicada o

- Advertisement -

O Memorial Heroes do Orzán arrinca este mércores e prolongarase ata o día 1 de xullo en cinco sedes da comarca: Burela, Foz, Cervo, Xove e Viveiro. Participarán un total de 66 equipos -pertencentes a 21 clubs– en todas as categorías de base, desde prebenxamíns ata xuvenís. Os aspirantes proceden das comunidades de Madrid, Castela e León, Asturias e das catro provincias galegas.

A xornada deportiva comeza ás 17.30 horas en Burela –Vista Alegre e Monte Castelo-, Viveiro, Foz e San Cibrao. Podes consultar os horarios e sedes de todos os encontros aquí. CalendarioMemorial18-AM

PUBLICACIÓN

O Concello de Burela e a Fundación Imdecum, organizadora do evento, presentaron o libro-guía do memorial, que repasa a traxectoria das seis edicións anteriores do torneo de fútbol sala base e rende homenaxe aos policías Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez, falecidos en 2012 nunha tentativa de rescate na praia do Orzán.

Isabel Lozano, nai do burelés Rodrigo Maseda Lozano, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, o edil de deportes, Ramiro Fernández, e o presidente de Imdecum, Marcelino Luna, participaron na presentación do documento, que en 150 páxinas recolle información dos equipos participantes, da historia do trofeo e tamén turística da comarca da Mariña. Fátima Ríos, responsable do deseño e maquetación, e o redactor, Ramón González Rey, acudiron tamén ao acto, no consistorio burelés.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...