InicioDeportesBurela Bonita, o 21 de xullo, reivindica o pracer de correr de...

Burela Bonita, o 21 de xullo, reivindica o pracer de correr de noite

O Concello impulsa a carreira, que ofrece dous itinerarios, de cinco e dez quilómetros

Publicada o

- Advertisement -

A terceira edición da carreira nocturna Burela Bonita será o 21 de xullo, a partir das 22.30 horas. Os participantes na proba poderán elixir entre as modalidades de cinco ou dez quilómetros de distancia. Tamén haberá competición para nenos, xusto antes da quenda dos adultos.

O edil de deportes, Ramiro Fernández, presentou a carreira no consistorio. A intención do goberno local é “mellorar os 240 inscritos do pasado ano”, asegurou o concelleiro. “Estamos moi satisfeitos da iniciativa. Trátase dun deporte que está de moda”, indica.

PERCORRIDO

A proba repetirá percorrido. “O ano pasado os atletas felicitáronos polo cambio que fixéramos con respecto á primeira edición, e por iso decidimos repetir o mesmo traxecto”, expón.

INSCRICIÓNS

Os interesados en participar poden facer a súa inscrición a través de www.championchipnorte.com. A recollida de dorsais será na Praza de Abastos, tanto o 20 de xullo, cun horario de 18.00 a 20.30 horas, como o 21 de xullo, de 19.00 a 21.00 horas. A saída da proba será da Praza da Mariña ás 22:30 horas.

PREMIOS

Os premios na carreira de dez quilómetros serán de 100 euros para o primeiro, 50 euros para o segundo e trofeo para o terceiro, nas categorías masculina e feminina. Na proba de cinco quilómetros os tres primeiros clasificados recibirán un trofeo, na categoría masculina e feminina. Ademais haberá un agasallo de 100 euros para o primeiro corredor ou corredora local.

Fernández agradeceu “a todos patrocinadores que nos axudan nesta carreira porque sen eles facela non sería posible, e sobre todo á Deputación de Lugo, que nos financia unha parte moi importante da proba”.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...

A curtametraxe feita no obradoiro de cinema con Manolo Gómez estearase o sábado 25

O Teatro Pastor Díaz será escenario este sábado, ás 19.30 horas, da estrea da...