InicioDeportesA SD Burela engade a Copa Deputación ao título de Liga

A SD Burela engade a Copa Deputación ao título de Liga

O cadro verde supera ao Brollón (3-1) na final do Anxo Carro e pecha unha tempada brillante

Publicada o

- Advertisement -

A SD Burela proclamouse campión de Copa Deputación Memorial Jorge Tato de Segunda e Terceira Autonómicas despois de derrotar na final do trofeo, disputada no Anxo Carro de Lugo, ao CD Brollón, por un resultado de 3-1.

Os bureleses adiantáronse no minuto 32 logo dunha falta sacada por Ánxel que rematou Ramos, pero non poideron conservar a súa vantaxe ao descanso, pois no treito final do primeiro capítulo o cadro brollonés equilibrou o marcador grazas a Adrián.

Á volta dos vestiarios, Ramos aproveitou de novo unha xogada a balón parado para adiantar ao cadro verde, á hora de partido. O cadro mariñao soubo defenderse das acometidas do Brollón e liquidou o encontro a un minuto do desenlace por medio de Jairo.

Campión e subcampión posan sobre o céspede. AXM

ASCENSO DE CATEGORÍA

O título da Copa Deputación é o broche de ouro a unha tempada na que a SD Burela acadou o título de Liga de Segunda Autonómica e conseguiu dese xeito o ascenso de categoría.

ENTREGA DE PREMIOS

O deputado de deportes, Pablo Rivera Capón, o alcalde de Burela, Alfredo Llano García, o tenente de alcalde burelés, Ramiro Fernández, e mailo rexedor da Pobra do Brollón, José Luis Maceda Vilariño, entregaron os premios dun encontro desputado cun gran ambiente e uns 400 espectadores nas gradas do estadio lucense.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...