InicioDeportesA AD Santiago de Foz leva a final mariñá da Copa Deputación...

A AD Santiago de Foz leva a final mariñá da Copa Deputación alevín

Os focegos impuxéronse ao Viveiro A nos penaltis logo dun partido igualado na Ribela

Publicada o

- Advertisement -

A AD Santiago de Foz proclamouse campión da Copa Deputación alevín, nunha final con protagonismo mariñao, xa que os focegos medíronse no partido decisivo polo título ao Viveiro A. 

O encontro, que se desputou no campo da Ribela, en Sarria, foi igualado e os pupilos de Criss estiveron máis atinados na quenda de penaltis, despois de chegar ao final do partido con 1-1. Os focegos gañaron o campionato logo dun gran torneo e os viveirenses alcanzaron un meritorio subcampionato que fala da boa saúde da canteira mariñá.

O deputado de deportes, Pablo Rivera Capón, e a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, entregaron os premios do torneo alevín e tamén do benxamín, no que o Lugo A derrotou ao Lugo B. 

TERCEIRO CAMPIÓN DA BISBARRA

O cadro focego é o terceiro equipo da bisbarra que levanta o trofeo nesta edición, despois do triunfo da SD Ribadeo nas competicións infantil e xuvenil. A SD Burela, que desputa a final do trofeo de Segunda e Terceira Autonómicas este domingo no Anxo Carro ante o Brollón, podería completar o póker.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...