InicioDeportesCristian Toro, criado en Viveiro, bicampión de Europa de piragüismo

Cristian Toro, criado en Viveiro, bicampión de Europa de piragüismo

Acadou a medalla de ouro en Belgrado nas categorías de K4 500 e K2 200, na que é campión olímpico

Publicada o

- Advertisement -

O piragüista formado en Viveiro Cristian Toro proclamouse campión de Europa nas categorías de K4 500 e K2 200 no Europeo de piragüismo que se celebrou esta semana en Belgrado

Pola mañá, o K4 500 español, que integraron Toro, Saúl Craviotto, Marcus Copper Walz e Rodrigo Germade, tamén galego, levou o título da especialidade cun tempo de 1:18.559, mentres que o conxunto xermano – completou o percorrido en 1:18.573. Catorce milésimas decidiron os gañadores e o final da competición foi tan axustado que a vista provisional deu o título a Alemaña, e houbo que revisar o resultado no control de carreira.

O K4 500 español e o alemán, durante a carreira. EUROPA PRESS

Pola tarde, Toro e Craviotto, campións olímpicos de K2 200 en Río de Xaneiro 2016, impuxeron a súa velocidade nesta categoría cun tempo de 00:31.250, por diante do dúo serbio formado por Nebojsa Grujic e Marko Novakovic. Os húngaros Mark Balaska e Balazs Birkas subiron ao podio ao acadar a terceira praza. 

FORMADO EN VIVEIRO E LUGO

Nacido en Venezuela no 1992, Toro chegou a España cando era un neno e iniciouse no piragüismo en Viveiro. Axiña destacou nas filas do Club Piragüismo Viveiro e deu o salto ao Club Fluvial de Lugo, que lle permitiu competir en regatas nacionais e posteriormente internacionais. 

 

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...