InicioDeportesO Pescados Rubén FSF cede ante o Futsi, que levanta a Copa

O Pescados Rubén FSF cede ante o Futsi, que levanta a Copa

O conxunto burelés fica co subcampionato logo dunha final na que o Atlético mostrouse máis sólido

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF non puido levantar a súa segunda Copa de España na súa cuarta final da competición ao caer fronte ao Atlético Navalcarnero (2-4) no encontro decisivo do torneo, disputado en Cádiz.

O partido comezou con moita intensidade defensiva por parte dos dous equipos, que axiña tiveron problemas de faltas. No minuto 6, a capitá do cadro madrileño, Ju Delgado, desenredou o encontro cunha boa xogada individual. O Pescados Rubén tardou en crear perigo, pero cando o fixo foi para empatar. No minuto 12, Jenny, cun excelente disparo coa perna esquerda, puxo as táboas no marcador.

xusto cando o burela se asentou na primeira metade, leti anotou o 1-2

Cando mellor estaba o Burela, a catro minutos para o descanso, o Atlético bateu de novo. Leti aproveitou un erro de Cilene para superar a Ana Romero. Nos últimos instantes, ambos conxuntos decidiron non arriscar, pois contaban con cinco infraccións.

Á volta dos vestiarios, María Sanz anotou o 1-3 que non chegou a subir ao marcador, pois os colexiados anularon o tanto ao interpretar que a xogadora do Atlético se axudara co brazo. Tai protagonizou a primeira ocasión do segundo capítulo para as burelesas, cun forte disparo abaixo que despexou con solvencia Marta Valbuena. A oito minutos do desenlace, á propia xogadora brasileira do Pescados Rubén faltoulle contundencia no despexe, situación que aproveitou Marta Pelegrín para ampliar a renda das madrileñas.

PROBLEMAS DE FALTAS

O 1-3 foi un golpe duro para o Burela, que cometeu con rapidez a sexta falta. Ariane topou co pau no lanzamento do dobre penalti. O cadro mariñao tentou remontar co xogo de cinco que tan bo resultado lle deu na semifinal e Cami atopouse cunha magnífica María Valbuena. A gardameta do Futsi non puido salvar o remate de Dany, que aproveitou unha asistencia maxistral de Cilene.

O encontro abriuse no treito final. Ju Delgado perdoou o cuarto do Atlético e Cilene o empate logo dunha boa contra do Burela. As faltas lastraron de novo ás mariñás e Marta Pelegrín gozou dun novo dobre penalti que resolveu Jozi. O conxunto burelés insistiu coa porteira-xogadora, pero Leti aproveitou un erro para marcar o 2-4, nunha xogada na que Bea Mateos quedou mancada Os adestradores do Pescados Rubén, Julio Delgado e máis Lucas, foron expulsados nun treito final que non deu para máis.

FIN DE CURSO

Remata así a tempada do Pescados Rubén, cun terceiro posto en Liga e o subcampionato de Copa Galicia e de Copa de España.

 

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...