InicioDeportesO kickboxing volve a Foz por Semana Santa, con participación do club...

O kickboxing volve a Foz por Semana Santa, con participación do club local

O 20 de abril poranse en xogo na Mariña o título galego en tres especialidades e a campioa galega de lowkick medirase a unha contrincante internacional

Publicada o

- Advertisement -

O pavillón de Marzán de Foz acollerá unha velada de kickboxing o sábado 20 de abril a partir das 20.30 horas.

O polideportivo Torques será así sede da Liga Galega da especialidade, con tres títulos en xogo, os das modalidades de Lowkick, K1 e Full Contact.

Celebraranse oito combates, coa presenza de dous loitadores focegos, Pablo Rey e Aaron Cortés, ademais de Iago Ríos e Beni Córdoba, tamén pertencentes ao club Foz Contact Ari.

Ademais, a campioa galega de Lowckick, a focega Vanessa Ares, protagonizará un combate internacional contra Ceu Maceda.

Este evento foi presentado cun acto no que participou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira.

ENTRADAS

As entradas para a velada estarán á venta desde o martes 2 de abril na cafetería Húcar, de Barreiros, e na Casa da Xuventude de Foz. Os prezos serán de doce euros na grada e catorce en cadeira, aínda que de 16.30 horas a 19.30 horas o pavillón terá portas abertas para ver combates.

Cartel da velada. AXM

A ENTIDADE LOCAL XUNTA 20 DEPORTISTAS

Na pasada Semana Santa fíxose a primeira toma de contacto con este deporte en Foz. Despois do éxito da primeira velada, Vanessa Ares, impulsora da mesma, creou o club Foz Contact Ari, do que tamén é adestradora, para que todas aquelas persoas que lles gustara o boxeo ou o kickboxing puidesen aprender e practicalo.

En menos de oito meses, o club conta cunha vintena de atletas, desde os oito ata os 53 anos. O primeiro club de kickboxing presidido por unha muller conta con xente de Foz, Mondoñedo, Burela, Ribadeo e Vegadeo.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...