InicioDeportesO Pescados Rubén FSF fai os deberes sen premio

O Pescados Rubén FSF fai os deberes sen premio

O cadro burelés derrota ao Alcorcón pero o Jimbée Roldán é o novo campión de Liga

Publicada o

- Advertisement -

Pescados Rubén Burela: Ana Romero, Cami, Bea Mateos, Cilene, Dany. Amarela a Bea Mateos. Tamén xogaron Julia Forsiuk, Jenny, Sara Correia, Judith, Jozi.

Alcorcón: Ana Del Río, Isa García, Anita Luján, Irene Samper, Vane Sotelo. Tamén xogaron Sila, Desi, Ana Ribera, Laura, Belén.

Árbitros: Díaz Arias, Hevia Campa (Asturias).

Goles: 1-0, m. 9. Dany. 1-1, m. 10. Vane Sotelo. 2-1, m. 39. Cilene.

O Pescados Rubén Burela FSF despediuse da afección cunha agónica vitoria fronte ao AD Alcorcón (2-1) que non lle serviu para levar o título de Liga, que levantará o Jimbée Roldán despois de gañar ao Universidad de Alicante. Ao Atlético Navalcarnero tampouco lle valeu o seu triunfo na pista do Soto del Real (1-4). As burelesas acaban o curso na terceira praza da Primeira División feminina de fútbol sala. 

As locais, cómodas ao contragolpe, tiveron as mellores ocasións no arranque. Atopáronse cunha solvente Ana Del Río e tamén cos postes; Dany disparou ao pau e Cilene ao longueiro. O conxunto visitante tamén se estirou. Bea Mateos tivo que sacar na liña de gol un lanzamento de falta e Desi superou a Ana Romero cunha vaselina que marchou fóra por centímetros. Con todo, o Burela estaba a gobernar o duelo e Cami reflectiu o dominio no marcador tras aproveitar un pase maxistral da 3 do conxunto laranxa.

XARRO DE AUGA FRÍA

A reacción do Alcorcón foi case inmediata. Vane Sotelo, unha das mellores goleadoras do mundo, demostrou a súa categoría para definir con sutileza ante Ana Romero. O 1-1 foi un xarro de auga fría para o cadro local, que sobreviviu neste treito grazas á gardameta andaluza. Laura e Ana Ribera, por dúas veces, probaron á porteira do Pescados Rubén. O Burela sobreviviu e no último minuto da primeira metade puido adiantarse por medio de Dany e Jenny, que se atoparon de novo con Ana Del Río.

O 1-1 PESOULLE ÁS LOCAIS E O DUELO PERDEU INTENSIDADE NO SEGUNDO TEMPO

O encontro perdeu intensidade no segundo tempo e a primeira oportunidade clara chegou no minuto 27. Vane Sotelo estivo a piques de rachar o empate nun disparo colocado que desviou Jozi. A gardameta brasileira estivo segura pouco despois noutra tentativa da pivote internacional do Alcorcón. A sete minutos do desenlace Laura rematou ao longueiro, nun tramo do encontro no que as madrileñas dominaron ás locais.

DECIDE O XOGO DE CINCO

A falta de tres minutos, o cansanzo comezou a pesar e houbo ocasións nas dúas áreas. Jozi contivo a Anita Luján no un para un e Dany topou con Isa García, que interceptou o seu disparo. A falta de sesenta segundos, o Pescados Rubén sacou a porteira-xogadora, que deu tan bos resultados ao longo da campaña. De novo, o recurso ofreceu un rendemento inmediato. Cilene recibiu de Bea Mateos e acadou o 2-1. O Alcorcón tentouno coa mesma receita pero non foi quen de superar a un Burela que fixo os deberes, pero que só tivo como premio a terceira praza.

COPA DE ESPAÑA

Remata así unha Liga espectacular, con catro equipos con posibilidades de levantar o título na última xornada. O vindeiro reto do cadro laranxa será a Copa de España, que se disputará en Cádiz a vindeira fin de semana.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...