InicioDeportesA Vuelta pasará por Arcadio Pardiñas o 6 de setembro

A Vuelta pasará por Arcadio Pardiñas o 6 de setembro

Será na décimo segunda etapa, que irá de Mondoñedo ata Bares por Ribadeo, Foz, San Cibrao ou Celeiro

Publicada o

- Advertisement -

A décimo segunda etapa da Vuelta a España, que se disputará o 6 de setembro, pasará por varias localidades da Mariña. Partirá de Mondoñedo ata a Estaca de Bares, e está previsto que os ciclistas circulen polo alto de Trabada, Ribadeo, Foz, San Cibrao ou Celeiro.

o alto de trabada puntuará como montaña de terceira categoría

O percorrido será de 177,5 quilómetros cun perfil de media montaña. Haberá dous portos de terceira categoría, o alto de Trabada e o porto de Bares. O alcalde burelés, Alfredo Llano, explicou que en Burela o pelotón pasará “por Arcadio Pardiñas” e resaltou que “é unha boa nova e os afeccionados ao ciclismo teñen unha razón importante para achegarse ao noso municipio”.

CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS

Uns 200 nenos participaron nas escolas deportivas de inverno do Concello de Burela, que pecharon o curso con exhibicións de zumba e patinaxe artístico. 

Exhibición de patinaxe artístico. AXM

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...