InicioDeportesSiro Maseda participará nas xornadas formativas de Imdecum

Siro Maseda participará nas xornadas formativas de Imdecum

O ultrarruner laurentino ofrecerá unha charla sobre os valores e o deporte na montaña

Publicada o

- Advertisement -

A sétima edición das xornadas formativas da Academia Imdecum contará coa presenza do ultrarunner laurentino Siro Maseda. O corredor ofrecerá unha conferencia sobre ‘Valores e deporte a través da montaña‘ o xoves 7 de xuño, na aula multiusos do IES Monte Castelo, desde as 16.30 horas.

As xornadas comezarán esta semana, o 31 de maio, cun relatorio sobre ‘Ocio, tempo libre e discapacidade intelectual’. Participarán na charla Pablo López Cora e José Pernas Gil, da Fundación Eu Son, ademais do técnico de deportes da entidade, Pablo Martínez Río, e Eunice Mosquera, directora técnica de Special Olympics Galicia.

PARA TODOS OS PÚBLICOS

O evento, que conta coa colaboración da Deputación de Lugo e o IES Monte Castelo, está destinado ao alumnado e titulados do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro, monitores deportivos e demais profesionais relacionados co deporte e ao público en xeral.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...