InicioDeportesCelta e Spórting, no Torneo Infantil da SD Ribadeo

Celta e Spórting, no Torneo Infantil da SD Ribadeo

Un total de 24 equipos de Galicia e Asturias tentarán levantar o trofeo, que cumpre once anos

Publicada o

- Advertisement -

A presenza do Celta de Vigo e do Spórting de Gijón será un dos reclamos da décimo primeira edición do Torneo de Fútbol Infantil da SD Ribadeo, que se disputará a vindeira fin de semana na vila. Ata 24 aspirantes pelexarán polo trofeo na primeira das categorías de base de fútbol-11.

PARTICIPANTES

A nómina de participantes inclúe equipos do máximo nivel das comunidades de Galicia e Asturias. Oza Juvenil, Cerecedo, Galicia Carranza, Escaratina Santa Lucía, Berima FC, Rácing de Ferrol, Peña Berima, Andés, Astur, CD Tineo, Victoria, Real Sporting de Gijón, Sestao River Club, Oza Juvenil C, Amistade, Oural, CD Marino de Cudillero, Mariñas, Real Club Celta de Vigo, River Piles e Peña Berima A competirán no torneo ribadense, xunto cos dous equipos locais, SD Ribadeo e Barres.

HORARIOS

A presidenta da entidade organizadora, Sandra Nonide, explicou que os partidos disputaranse o sábado e mailo domingo en horario matinal e de tarde nos campos Pepe Barrera e A Devesa. No Pepe Barrera comezarán ás 10.00 horas e na Devesa ás 10.45. A final rematará sobre as sete e media da tarde e porá o broche de ouro a súas intensas xornadas de fútbol. Con todo, a SD Ribadeo organizará outros dous torneos no mes de xuño.

é o primeiro dos tres campionatos que a entidade impulsa en xuño

O edil de deportes de Ribadeo, David Rivas, o máximo responsable da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa), Francisco Iriarte, o técnico municipal de deportes, Iván López, e Miguel Peña, membro da directiva saínte da SD Ribadeo, asistiron tamén á presentación do evento, que a nivel turístico é un impulso para o municipio.

Rivas felicitou á SD Ribadeo porque “esta xente non só celebra torneos de verán, que coa nova lei do deporte cada vez é máis difícil, senón que aumenta cada ano o número de equipos”.

O representante da Acisa asegurou que “o comercio e a hostalería están moi agradecidos á SD Ribadeo polos tres torneos que organiza, e pola cantidade de xente que nos visita coincidindo con eles”.

DEDICATORIA

Miguel Peña, membro da directiva saínte do club, destacou que “este ano veñen os máis fortes de Galicia e Asturias, Celta e Spórting. Préstame que veñan eses equipos e ademais conseguimos un fito histórico con 24 participantes”, resaltou, para adicar o torneo “a Paco da Canela”.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...