InicioDeportesBarreiros presenta a nova edición do Trail Monte Comado

Barreiros presenta a nova edición do Trail Monte Comado

Ao acto de presentación acudiron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de Deportes e deputado provincial, Dani García; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero; e membros da entidade organizadora, a Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado

Publicada o

- Advertisement -

Barreiros acolleu este pasado mércores a presentación dunha das probas estrela do outono deportivo na comarca, o Trail Monte Comado, que este ano cumpre dez edicións. Ao acto de presentación acudiron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de Deportes e deputado provincial, Dani García; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero; e membros da entidade organizadora, a Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado.

Alcanzar unha década de vida converte nunha edición moi especial a esta proba, un fito que puxo en relevo a alcaldesa, Ana Ermida, quen destacou “o traballo constante das asociacións no esforzo por dinamizar Barreiros, desestacionalizar o turismo e promover o deporte. Chegar a dez edicións dunha carreira de montaña demostra a solidez dun proxecto que xa é todo un orgullo para o noso concello”. Pola súa banda, o concelleiro Dani García subliñou a importancia da colaboración entre colectivos e administracións para facer de Barreiros un auténtico referente comarcal no atletismo e nas carreiras populares a través do circuíto +KmsBarreiros.

Un circuíto exixente e de gran valor paisaxístico

A cita celebrarase o vindeiro sábado 10 de outubro, con saída e meta situadas a carón da igrexa e da pista de pádel en San Miguel de Reinante, dende onde as persoas participantes tomarán a saída ás 10:00 horas. O trazado constará dun único percorrido de aproximadamente 17 quilómetros e 1.000 metros de desnivel positivo, transcorrendo por sendeiros e camiños forestais que inclúen a subida do 1/2km Vertical ofrecendo así un reto deportivo único combinado esforzo con vistas excepcionais.

Inscricións abertas

A organización lembra que a participación está limitada a 150 deportistas e que o prazo de inscrición finaliza o vindeiro xoves 8 de outubro ás 23:59 horas. Toda a información detallada, regulamento e inscricións pódense atopar web www.maiskmsbarreiros.gal

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...