-Cales foron os postos que acadaches no Campionato ode España ao Aire Libre?
Foi a pasada fin de semana noEstadio Vallehermoso e quedei en terceiro posto nos 80 metros valados.
-Como desenvolviches o teu camiño deportivo até chegar a esta competición?
Eu levo desde nena xa competindo, quitando algún tempo onde deixei a competición para logo volver. Mais coas carreiras de valados levo desde os 13 aniños, practicamente.
-Estás adestrando con algún equipo ou fas un traballo máis ben individual?
Pois estou adestrando aquí no Club Deportivo San Ciprián onde tamén adestro nenos. Mesmo está a miña filla que tamén fai os valados. Hai pouco foi co equipo Lucus logo de ser convocada.
-É dicir, que xa hai un traspaso xeracional.
Si, a verdade que a nena pois está facendo o mesmo que fago eu. Ten 13 anos e a verdade que se lle segue gustando pode ser boa.
-Algunha vez che teñen preguntado por que escolliches esta especialidade atlética?
Cando fun ao Campionato de España en Madrid, estiven falando coa que quedou primeira. Esa muller empezou aos 40 anos, mira ti. Eu levo desde nena e os valados teñen que gustarche, como digo eu, ten que ser moita técnica e non lles podes ter medo.
-Tiñas medo a primeira vez que enfrontaches os valados?
O meu primeiro paso nesta disciplina deino porque a xente tiña medo aos valados e eu, a verdade, que non tiña medo a nada. Así que o meu adestrador díxome, pois: “Para os valados”. E como fixen boas marcas, pois xa me dixeron “esta vai ser a túa proba”.
-A técnica para competir é moi complicada?
Os valados? Si, pfff!, é moita técnica, moita. E logo depende das probas. Por exemplo, 400 valados necesita moita resistencia e velocidade. Para os 60 e os 80 é todo velocidade e moita técnica de valados.
-A saída e a velocidade hai que entrenala tamén, non?
Tamén, si. Porque se non adestras velocidade si que se adoita perder ritmo. E se tes unha mala saída ou non che coinciden os pasos do valado, fastídialo xa. Ten que ser ten que ser todo moita técnica e facer a saída, porque a velocidade é o que hai. Se saes mal xa perdiches.
-Que distancia que existe entre os obstáculos e cantos pasos se poden dar dentro dese espazo?
Pois son 80 valados e desde onde está a saída ao primeiro valado hai 12 metros, e logo xa de valado a valado son 8. Mmm. Sobre os pasos, a normativa di entre tres e catro, mais o mellor é dar tres.
