InicioCentralBurelaValeria Eijo San Miguel, capitana sub12: "o meu soño é xogar na...

Valeria Eijo San Miguel, capitana sub12: “o meu soño é xogar na selección española”

Valeira Eijo San Miguel é a capitana da selección galega de fútbol sala sub-12 coa que se proclamou campioa de España.

Publicada o

- Advertisement -

 

Cando comezaches a xogar ao fútbol sala e en que equipo xogas agora?
Comecei a xogar aos catro anos e agora mesmo estou no Burela FS dentro da categoría de alevín e infantil, nas dúas categorías.

Estiveches noutras categorías previas, non?
Empecei desde biberón e logo continuei como prebenxamín, benxamín, alevín e xogo con infantil.

Canto tempo lle dedicas ao adestramento durante a semana?
Adestro tres días á semana. O luns con alevín, os martes con infantil e os venres con infantil. Cando vou coa selección tamén adestro os mércores.

Como foi o proceso, o camiño para entrares na selección galega? Quen che dixo de ser parte do equipo?
Pois empecei indo coa selección sub-10 e despois seguín traballando para poder ir ás seguintes convocatorias. Quen primeiro me contactou para a selección sub-10 foi Belén Feal. O ano pasado contactoume Ana Mouzo para alevín e este ano repetín outra vez.

Como repartes o teu tempo para estudar e adestrar? Non é difícil facelo?
Pois organizándome moi ben nos estudos, son moi disciplinada con esas cousas.

Agora mesmo, cales son os pasos que che gustaría dar no fútbol?
Gustaríame volver coa selección, continuar o ano que vén. Gustaríame moito estar na selección galega de infantil.

Houbo alguén de Burela na selección antes que ti?
Non, eu son a primeira.

E cando estás na selección, como consegues conectar coas outras xogadoras, porque sodes de equipos diferentes?
Catro das xogadoras en sub-10 xa nos coñeciamos desde o primeiro ano, mais esta tempada viñeron catro compañeiras novas. Durante os partidos falamos entre nós, compaxinamos o xogo e conectado.

Dentro da selección cal é o lugar que ocupas no xogo?
Poden poñerte en calquera posición, mais a min gústame peche e á. Tamén ás veces me poñen de pívot.

Gustaríache estar no equipo Burela FS adultas? Cales son os teus referentes no fútbol?

Si, sobre todo para chegar á primeira división. Gústanme como xogan Emily Marcondes, Patri Ortega e Irene Samper. E do Burela, Cris Blanco e Silvia Rubal. Realmente o meu soño é xogar na na española.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...