InicioDeportesA Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Cervo, Xove e O Vicedo serán os concellos onde transcorra esta proba deportiva

Publicada o

- Advertisement -

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará esta fin de semana -8 ao 9 de maio – coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, principal patrocinadora da proba.

O Rally, que foi gañando participantes e afección de forma sostida ao longo dos anos, alcanza nesta edición unha participación record, con 128 pilotos inscritos. As estradas do Vicedo, Xove e Cervo acollerán os tres treitos cronometrados da proba, que se disputarán en tres pasadas, ao longo da xornada do sábado.

O deputado Daniel García e o responsable de Mix Rally Sport Ignacio Dávila presentaron o Rally nun acto que contou con representantes municipais e con pilotos locais.  O deputado mariñao valorou “esta participación comarcal como un dos aspectos máis destacados da traxectoria do Rally” que, lembrou, “se puxo en marcha en 2019, co apoio da Vicepresidencia da Deputación, que apostou desde o inicio por levar a Mariña ao calendario do automobilismo galego de asfalto”. Daniel García incidiu, neste sentido, en “que o obxectivo do apoio institucional as probas é fomentar e facilitar a práctica deportiva en todo o territorio”.

O Rally inaugurarase oficialmente mañá venres, coa cerimonia de saída que se celebrará na Avenida da Mariña, en Viveiro, a partir das 20.00 horas. En Viveiro ubicaranse tamén o parque pechado e o de asistencia. Burela acollerá o parque de reagrupamento dos coches.

Apoio ao automobilismo

O apoio á celebración do Rally da Mariña -cunha achega de 23.000 euros – encádrase na colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén co tecido automobilistico provincial, co patrocinio das probas máis destacadas da provincia – Rallly San Froilán, Subida Ribeira Sacra Chantada, Subida á Pontenova e Subida a Taboada -, a organización do Volante Deputación, orientada a pilotos noveis que se queren iniciar na competición, e a convocatoria anual de axudas de concorrencia competitiva para pilotos.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...