InicioDeportesCarlos Canal, primeira vitoria galega no Gran Camiño que percorreu a Terra...

Carlos Canal, primeira vitoria galega no Gran Camiño que percorreu a Terra Cha e A Mariña

O  vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e da alcaldesa de Barreiros Ana Ermida foron os encargados de entregar o premio a Carlos Canal, que marcou un fito ao ser o primeiro ciclista galego en lograr unha vitoria nunha etapa desta rolda

Publicada o

- Advertisement -

Carlos Canal gañou a segunda etapa da volta ciclista O Gran Camiño, que se disputou esta mañá entre Vilalba e Barreiros. O ciclista de Xinzo de Limia foi o primeiro en cruzar a liña de meta, a carón da praia de Benquerencia.

O  vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e da alcaldesa de Barreiros Ana Ermida foron os encargados de entregar o premio a Carlos Canal, que marcou un fito ao ser o primeiro ciclista galego en lograr unha vitoria nunha etapa desta rolda, que conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O responsabel provincial destacou este final de etapa con vitoria galega como “o mellor final posible para unha xornada que ensinou ao mundo, a través das imaxes espectaculares da realización da proba, as paisaxes e o patrimonio natural das comarcas da Mariña e da Terra Chá” e reafirmouse en que “o ciclismo é o mellor deporte para a promoción do territorio, algo que valoramos á hora de apoiar a organización desta volta desde a súa primeira edición”

A alcaldesa valorou que “O Gran Camiño puxo Barreiros no mapa do deporte internacional e amosou a nosa capacidade para acoller ventos deportivos do máis alto nivel”. “A vitoria de Carlos Canal fixo que a festa fora absolutamente redonda, así que só cabe parabenizar a organización e agradecer o traballo das persoas voluntarias de protección civil e dos empregados municipais que fixeron posible que BArreiros acollese este evento deixando unha imaxe para o recordo”, concluíu.

A etapa lucense do Gran Camiño saiu ás 11.30 horas desde a Praza da Constitución de Vilalba. O pelotón internacional percorreu 148 quilómetros polas estradas de Vilalba, Muras -co Alto da Gañidoira como punto máis elevado do trazado -, Ourol, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Barreiros e Ribadeo. Os tempos desta segunda etapa deixan como lider da volta ao portugués Rafa Reis.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...