InicioDeportesO Pescados Rubén FSF chega vivo á última xornada

O Pescados Rubén FSF chega vivo á última xornada

O equipo burelés aproveita os tropezos de Atlético e Alicante e colócase a un punto do líder

Publicada o

- Advertisement -

O Burela Pescados Rubén FSF afrontará a última xornada de Liga da Primeira División cunha posibilidade de levar o título, despois da súa vitoria na pista do Guadalcacín (3-6) e do tropezo dos dous primeiros clasificados, Atlético -que empatou co Móstoles (1-1)- e Universidad de Alicante -que igualou co Poio Pescamar (3-3)-.

Logo do remate da vixésimo novena xornada, o Atlético, o Universidade de Alicante e mailo Jimbée Roldán teñen 70 puntos; con 69 queda, en cuarto lugar, o Pescados Rubén. O equipo madrileño ten a priori o envite máis asequible; desprazarase á pista do Soto del Real. Os cadros alicantino e murciano vanse enfrontar en Roldán, e o Burela recibirá ao potente Alcorcón en plenas festas patronais.

no desenlace, o cadro laranxa recibirá ao alcorcón en plenas patronais

O partido foi máis igualado do que di o marcador, cun Guadalcacín que quixo rematar con nota ante a súa afección unha tempada excelente. As gaditanas foron capaces de acadar a permanencia no seu debut na máxima categoría. As burelesas puxéronse por diante en dúas ocasións, con tantos de Sara Correia e Julia Forsiuk, pero as locais equilibraron o encontro.

O XOGO DE CINCO, DECISIVO

Como tantas veces nesta tempada, o equipo que adestran Julio Delgado e máis Lucas rachou o encontro co recurso da porteira-xogadora. No minuto 35, Jenny marcou dous goles consecutivos que premiaron a paciencia das burelesas no xogo de cinco. De aí ao remate, as locais achegáronse no electrónico pero Sara Correia e Cami sentenciaron a vitoria nos dous últimos minutos.

Na última xornada, o Alcorcón -quinto, con 58 puntos- visitará Vista Alegre. De non gañar o Atlético e haber empate entre Roldán e Universidad de Alicante, o cadro laranxa tería unha opción de levantar o título de Liga. En todo caso, está obrigado a gañar ao seu rival, un bloque repleto de internacionais, para facelo.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...