InicioDeportes500 inscritos nas escolas deportivas de inverno en Ribadeo

500 inscritos nas escolas deportivas de inverno en Ribadeo

O alcalde de Ribadeo explicou que “desde o Concello de Ribadeo facemos un esforzo importante para contar con esta ampla oferta deportiva para as nosas nenas e os nosos nenos"

Publicada o

- Advertisement -

Preto de 500 nenas e nenos se inscribiron nas Escolas Deportivas de Inverno do Concello de Ribadeo, que xa botaron a andar.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou: “estamos moi satisfeitos coa resposta. As Escolas Deportivas Municipais de Inverno contan este curso con 492 alumnos e alumnas matriculadas en todas as especialidades que ofertamos, que son unha ducia: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hockei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica”.

O edil ribadense explicou que “desde o Concello de Ribadeo facemos un esforzo importante para contar con esta ampla oferta deportiva para as nosas nenas e os nosos nenos. Destinamos preto de 58.000 euros a subvencionar as Escolas Deportivas de Inverno para favorecer a práctica de todas estas disciplinas”.

Silvent engadiu: “agardamos que o alumnado aproveite ven o curso e toda a oferta deportiva que o Concello de Ribadeo pon ao seu alcance. O deporte é saúde, é convivencia, é traballo en equipo, é esforzo individual e é disciplina”.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...