InicioDeportesO 'Pepe Barrera' acolleu a presentación do LXXIV Emma Cuervo de Ribadeo

O ‘Pepe Barrera’ acolleu a presentación do LXXIV Emma Cuervo de Ribadeo

Organizadores, patrocinadores e colaboradores animan a encher as gradas do Pepe Barrera

Publicada o

- Advertisement -

O campo municipal de Ribadeo, Pepe Barrera, acolleu esta tarde a presentación do LXXIV Torneo Emma Cuervo de fútbol, que disputarán o vindeiro 6 de agosto ás 19:00 horas o Real Club Deportivo da Coruña e o Real Oviedo.

Ao acto asistiron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, os concelleiros de Medio Ambiente e Igualdade, Diego Dos Santos e Begoña Sanjurjo, o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o deputado provincial responsable da Área de Rural, Mar e Mocidade, Dani García, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o presidente do Ribadeo FC, Valentín Coto, o vicepresidente do Real Oviedo, Manuel Paredes, e Carlos Ballesta, conselleiro do RC Deportivo da Coruña.

Todos fixeron fincapé na importancia desta cita, xa que o Emma Cuervo é o vicedecano dos torneos de verán e da importancia que terá para o tecido empresarial local.

E o 23 de agosto ás 12:00 do mediodía o Real Club Deportivo da Coruña e o CA Osasuna xogarán o V Torneo Feminino Emma Cuervo. Organizadores, patrocinadores e colaboradores animan a asistir a ambas citas deportivas e a encher as gradas do Pepe Barrera.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...