InicioOccidentalViveiroViveiro celebrará a XLVII Gran Tirada de Tiro ao Prato

Viveiro celebrará a XLVII Gran Tirada de Tiro ao Prato

O Concello de Viveiro colabora activamente con esta cita, recoñecendo o labor do Club de Tiro San Roque e o seu compromiso coa promoción do deporte

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro prestou este pasado luns a XLVII edición da Gran Tirada Concello de Viveiro, unha das citas máis destacadas do calendario galego de tiro ao prato, organizada polo Club de Tiro San Roque e que se celebrará o 15 de agosto no campo de tiro da cidade.

A presentación contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, acompañada de Juan Casabella e Antonio Novo, membros da directiva do club organizador. A rexedora quixo destacar a longa traxectoria desta proba, “que ano tras ano consolida a súa importancia no panorama deportivo e contribúe tamén a dinamizar a nosa vila durante o verán”.

A competición dará comezo ás 9:00 horas e prolongarase ao longo de toda a xornada. A tirada está limitada a 84 participantes, que xa cubriron a totalidade das prazas dispoñibles, o que demostra a gran acollida e interese que esperta este evento.

Repartiranse arredor de 6.500 euros en premios, distribuídos por categorías, ademais de trofeos específicos para damas, veteranos, veteranos máster e junior.

O Concello de Viveiro colabora activamente con esta cita, recoñecendo o labor do Club de Tiro San Roque e o seu compromiso coa promoción do deporte.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...