InicioDeportesAlfoz e O Valadouro clausuran as Escolas Deportivas Municipais

Alfoz e O Valadouro clausuran as Escolas Deportivas Municipais

Desde os Concellos de Alfoz e O Valadouro agradécese a participación de todas as persoas implicadas e anúnciase que xa se está a traballar na preparación das escolas deportivas para o próximo curso.

Publicada o

- Advertisement -

Os Concellos de Alfoz e O Valadouro celebraron de maneira conxunta o acto de clausura anual das Escolas Deportivas Municipais, unha xornada marcada pola participación, o deporte en familia e a convivencia entre as dúas comunidades.

A xornada comezou no Campo Municipal de Alfoz, onde tiveron lugar varios partidos amistosos entre as diferentes categorías e familiares: papás contra xuvenís, mamás contra pequenos e papás e xuvenís contra pequenos, fomentando así o espírito deportivo e a diversión compartida.

Ás 13:00 horas, celebrouse o acto institucional de peche, no que interviñeron a alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, o alcalde do Valadouro, José Manuel Lamela, o concelleiro de Deportes de Alfoz, Eliseo Lorenzo e a concelleira de Deportes do Valadouro, Ana Rubal. Durante o acto, os representantes municipais agradeceron a implicación de todas as familias e participantes ao longo do curso, destacaron a importancia da práctica deportiva nas idades temperás e fixeron entrega dos diplomas de participación ás nenas e nenos das escolas.

Tras o acto institucional, todos os asistentes desprazáronse ao Campo Municipal do Valadouro, onde tivo lugar unha comida de confraternidade organizada pola AD Río Ouro. Os máis pequenos puideron desfrutar tamén de diversos xogos e actividades lúdicas, pechando así unha xornada festiva que simboliza o traballo conxunto e a boa relación entre ambos concellos.

Desde os Concellos de Alfoz e O Valadouro agradécese a participación de todas as persoas implicadas e anúnciase que xa se está a traballar na preparación das escolas deportivas para o próximo curso.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...