InicioDeportesCervo celebra os campionatos infantil e alevín galegos de waterpolo

Cervo celebra os campionatos infantil e alevín galegos de waterpolo

A próxima fin de semana, os días 28 e 29 de xuño, a piscina municipal será o escenario dos Campionatos Galegos Infantil e Alevín Mixto de Waterpolo, organizados pola Federación Galega de Natación (FEGAN) en colaboración co propio Concello

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo continúa reforzando o seu compromiso co deporte base e a promoción das disciplinas acuáticas.

Así, a próxima fin de semana, os días 28 e 29 de xuño, a piscina municipal será o escenario dos Campionatos Galegos Infantil e Alevín Mixto de Waterpolo, organizados pola Federación Galega de Natación (FEGAN) en colaboración co propio Concello.

Na presentación estiveron participaron a alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez., e o presidente da FEGAN, Juan Carlos Brión, quen coincidiron en destacar a importancia de traer a Cervo unha competición deste nivel, que reunirá aos mellores clubs das categoría e que supón un recoñecemento á calidade das instalacións e á aposta polo deporte acuático no municipio.

Os clubs participantes serán:

No campionato alevín mixto (sábado): CW Santiago, CW Coruña Rías Altas, CW As Mariñas, Club Marina Ferrol, RCN de Vigo e CW Pontevedra.

No campionato infantil mixto (domingo): CW Santiago, CW Coruña Rías Altas, CW As Mariñas, RCN de Vigo, CW Pontevedra e CW Lugo.

A alcaldesa de Cervo subliñou que “é unha gran satisfacción para nós converternos de novo en sede dun campionato galego, neste caso de waterpolo, e seguir posicionando Cervo como un referente para o deporte de base.

Este tipo de competicións serven para dinamizar o noso concello a durante o verán e reforzan o noso compromiso co deporte formativo e coa vida activa da nosa mocidade -apuntou a rexedora- que quixo agradecer á FEGAN a súa confianza e desexarlle moita sorte a todos os equipos participantes.

Desde o Concello destacan ademais o valor engadido que ten achegar á veciñanza deportes menos coñecidos como o waterpolo, ofrecendo a oportunidade de descubrilos en directo e fomentar novas vocacións deportivas entre os máis pequenos. Este tipo de eventos tamén serven como ferramenta de divulgación e educación deportiva, abrindo o abano de disciplinas máis aló das máis tradicionais.

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...