InicioDeportesO partido benéfico de fútbol sala feminino disputado en Ribadeo recada 2.000...

O partido benéfico de fútbol sala feminino disputado en Ribadeo recada 2.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O pavillón municipal de Ribadeo acolleu onte, domingo, un partido de fútbol sala feminino a beneficio da asociación Charcot Marie Tooth España. O encontro foi disputado polo Burela FSF e polo Praias de Barreiros e tivo a Vera como protagonista.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, lembrou que “desde o Concello de Ribadeo quixemos estar a carón de quen precise da nosa axuda e colaboración. Nesta vila temos unha veciña de 9 anos que padece esta enfermidade, que lle foi diagnosticada hai uns meses, e pareceunos unha moi boa iniciativa realizar en evento benéfico para darlle visibilidade e para recadar fondos que vaian destinados á investigación”.

E engadiu: “estamos contentos da resposta das veciñas e veciños de Ribadeo e da contorna. O recadado, que foron 2.000 euros, irá destinado á asociación Charcot Marie Tooth España para que poida investigar sobre esta patoloxía. Como dixeron desde a organización foi unha tarde moi especial e emotiva a que vivimos na xornada de onte”.

ÚLTIMAS

Anxo Martíns: “O irmandamento con Loktudi é un dos vinte que hai entre vilas galegas e bretoas”

-Como nace a este irmandamento entre Ribadeo e Loktudi na Bretaña francesa? En 2005, respondendo...

Iria Castro destaca o papel dos filántropos na presentación do Ribadeo Indiano

 A deputada de Cultura Iria Castro participou esta tarde  acto inaugural do Ribadeo Indiano,...

Viveiro recoñecido como Concello Emprendedor pola Xunta

O Concello de Viveiro vén de recibir a declaración oficial como Concello Emprendedor, segundo...

O mercado de Foz será o venres 18 en vez do martes debido ás Festas do Carme

O Concello de Foz anuncia que a vindeira semana o tradicional mercado dos martes,...