InicioDeportesManu Carballo, ximnasta: "O deporte axúdache a ter responsabilidade e iso permite...

Manu Carballo, ximnasta: “O deporte axúdache a ter responsabilidade e iso permite educar en moitos aspectos”

Manu Carballo é un ex-ximanasta español de ximnasia artística. Este sábado catro de maio estivo no box de Quenlla CrossFit en Foz impartindo un seminario sobre traballo de grupos musculares co peso do propio corpo. Isto serve para incidir na mellora de grupos musculares que logo se aplicarán tamén noutras áreas do CrossFit e permite unha mellora cualitativa no rendemento das persoas que practican CrossFit.

Publicada o

- Advertisement -

-Que temas abordaches en Quenlla Crosfit e como transcorreu a xornada?

A xornada está centrada nun dos grupos de traballo dos músculos en Cross Fit, que é un programa deportivo rexistrado. Une diferentes grupos de exercicios e así a xente adestre simulando circuítos de accións ou exercicios. Traballan tres grupos de exercicios e un deles é manexar o peso corporal que é como unha ximnasia adaptada aos seus adestramentos. Chamámoslle hablidades ximnásticas ou ximnástica. Eu veño da ximnasia deportiva onde estiven case vinte anos e cando me retirei acabei especializándome neste campo. Nestas xornadas eu céntrome no seu traballo, o dos tres grupos, e eles traballan apoio no chan, pino, flexións co pino, arandelas e barra. Entón, eu apréndolles unha serie de pautas de traballo teórico e práctico desde a base da ximnasia deportiva que eu practiquei. É aprenderlles a facer os seus exercicios cun pouco máis de ximnasia deportiva enfocados en facer moitas repeticións en moi pouco tempo eses exercicios.

-Ultimamente incídese moito nese aspecto, que o mellor para exercitarte é traballar co teu propio peso.

Efectivamente, porque unha base da ximnasia é traballar o teu peso, a túa autocarga. Se o teu peso te acompaña ben, a túa capacidade pode subir moito.

-Por que se incide agora máis sobre o uso do propio corpo para manterte en forma fisicamente e mesmo psicoloxicamente?

Mais que incidir agora, isto é como unha norma desde o principio na ximnasia deportiva. Creo que hoxe en día hai máis variedades e máis persoas practicando este tipo de adestramento. O público creceu, hai máis demanda e a partir de aí o uso do peso corporal tomou máis relevancia porque canto máis se practicaba as persoas caeron na conta da súa importancia.

-Cales son as vantaxes do CrossFit fronte outras disciplinas e as mellores cualidades que toma o corpo facendo CrossFit?

O CrossFit ten de bo, falando en xeral, que ti practicarás case todo tipo de exercicios. Podes practicar cardio-aeróbico, cardio-anaeróbico, traballar peso extra, halterofilia, moita forza muscular, traballar masa corporal, máquinas de remo, bicicleta, saltar a comba, saltar o caixón, facer dominadas e esa variedade de exercicios expón todas as túas capacidades. Aprenderás a correr ben, facer ben halterofilia, farás ximnasia, cardio e mesmo o conxunto da túa capacidade de fitness se eleve, isto tamén potencia o traballo en grupo e ademais, a nivel mental axuda a que adestres e te vexas motivado para facelo.

-Existe en España unha grande preguiza para practicar deporte?

Realmente preguiza non. O deporte necesita de dedicación e constancia e en calquera deporte, incluído CrossFit, todo é unha aprendizaxe, un camiño e ademais, a práctica dun deporte tamén é unha cuestión psicolóxica en relación a que esteas disposto a gozar de facer deporte. Na miña opinión, hai persoas que comezan a practicar unha disciplina deportiva e logo caen na conta que non os enche. Eu creo que en España hai moita cultura de facer deporte en xeral, hai moitas persoas practicando running, bicicleta ou xogar fútbol, mais o deporte profesional esixe moita dedicación.

-Como incenticar o amor a practicar deporte?

Boa parte da resposta está na escola, con deporte en xeral ou unha disciplina en particular. O deporte vaille axudar a superar moitas metas tanto físicas como mentais. O deporte axúdache a ter responsabilidade, disciplina e finalmente iso axuda a educar en moitos aspectos. Aprenderlle aos nenos e nenas que o deporte é un camiño máis que che vai axudar na vida.

-Como ves á xente que foi ao teu seminario en Quenlla CrossFit?

Moi ben, ademais os de Quenlla son un box cunha alta veteranía. Estiven aquí hai xa dous anos, os adestradores son moi profesionais e percibín aumento de nivel entre as persoas. O certo é que Quenlla teñen feito un bo traballo e ademais, a xente que se achegou fíxoo con ganas e houbo moi boa participación.

ÚLTIMAS

José Quelle, O Vicedo: “Queremos manter unha data consolidada cada ano para o Trail”

-Como vai discorrer este IV Trial do Vicedo? Son tres probas. Hai dúas carreiras, unha...

As escolas deportivas de Ribadeo abren o prazo de inscrición o vindeiro luns

As Escolas Deportivas de Verán, que organiza o Concello de Ribadeo, ofrecen as especialidades...

Xornada sobre a velutina no Concello de Barreiros

As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica...

‘Hablando de Pájaros’ presentará actividades de ecoturismo aos asociados a ACISA Ribadeo

O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades...