-A esta X Carreira das Praias incorporastes novidades no percorrido?
Dentro do percorrido non houbo novidades. Porén, na carreira de adultos e na andaina acortamos as distancias, fomos directos á zona de meta sen pasar pola praia de Altar e esta é a única variación nas distancias. En Arealonga percorréronse todas as praias, as carreiras infantís celebráronse todas na praia de Altar onde non se puideron levar adiante o ano pasado. Subiuse por unha entrada xa lista e logo as carreiras fixéronse totalmente sobre area. O ano pasado unha delas foi sobre asfalto.
-A participación foi alta?
Pois tivemos récord de participación con 420 inscritos. Houbo sesenta persoas inscritas na andaina, douscentas quince na categoría adulta e o resto en categoría infantil. Por esa parte, podo dicir que ano a ano imos sumando participantes sobre todo despois da pandemia.
-O percorrido decorreu sobre area totalmente?
Si, tentamos que todo o percorrido fose sobre area aproveitando estas datas en que as mareas son grandes e deixan espazos amplos para as carreiras. Aínda así, hai zonas onde é imposible cruzar, por iso subimos ao paseo marítimo nun par de tramos. Foi na parte final durante as baixadas á praia de Altar e San Bartolo, aí tivemos que ir sobre o paseo. Iso si, intentouse facer o percorrido sobre area o máis longo posible. A carreira en total serán oito quilómetros e medio e deles sete son sobre area.
-Como vos organizastes entre Concello e Organización para repartirvos o traballo?
O Concello colaborou con todos os medios que dispón para esta carreira, montou unhas carpas e outros servizos. Esta carreira non é tan difícil coma outras que temos, onde debemos desbrozar espazos, aquí non tivemos esa tarefa previa, mais o Concello si que colabora nas súas competencias todo o posible.
-Describe como foi a loxística para atender posibles lesións de participantes.
Tivmos unha ambulancia medicalizada e despois, á parte, está Protección Civil que estará presente nos cruces e logo un número de voluntarios en todo o percorrido, isto é para estar en contacto permanente se acaso sucedese algunha incidencia.
-Dentro desta carreira participan atletas profesionais?
Non sabemos. Cando abrimos a inscripción para apuntarse non preguntamos se teñen licenza ou non. Si debo dicir que tivmos un seguro de responsabilidade civil e outro de accidentes onde tamén colaborou o Concello. Realmente non sabemos se se achegan profesionais ou non.
-Que premios se repartiron?
Houbo premios para as tres primeiras e primeiros en cada unha das seis categorías en adultos. En infantil falamos de cinco categorías con premios para os tres primeiros de cada unha. Por último, houbo para os tres absolutos.