InicioCulturaA Mariña lembrará ao 'Gardarríos' o 23 de xuño

A Mariña lembrará ao ‘Gardarríos’ o 23 de xuño

Mondoñedo e Lourenzá acollerán dous actos en honra do guerrilleiro antifranquista mariñao

Publicada o

- Advertisement -

Mondoñedo e Lourenzá acollerán o sábado 23 de xuño unha homenaxe a Luís Trigo Chao, ‘O Gardarríos’, o máis célebre guerrilleiro antifranquista da comarca da Mariña. O acto de recoñecemento coincidirá co 70 aniversario do seu asasinato e o da súa compañeira Antonia Díaz Pérez, perpetrado o 25 de xuño do 1948 en Vilanova.

Segundo Luís Fernández Rivera, membro da comisión organizadora do evento, tamén haberá unha mención “ás persoas da Mariña, pero tamén da Terra Chá, A Corda ou da comarca Eo-Navia que lle prestaron colaboración ao Gardarríos. O obxectivo é deixar testemuño da entrega pola democracia de todas elas”, explica o membro da organización.

O evento RECOÑECERÁ TAMÉN A QUENES O AXUDARON A SEGUIR A SÚA LOITA

PROGRAMA

O acto comezará arredor das 12.00 horas, na casa da xuventude de Mondoñedo, cunha mesa redonda sobre O Gardarríos. A partir das 17.00 horas, no cemiterio de Lourenzá, procederase á inauguración dun monólito no espazo onde están enterrados Trigo Chao e Díaz Pérez. O artista plástico Daniel Río ‘Caxigueiro’ encargouse da obra. Logo desenvolverase un espectáculo poético; participarán varios poetas de toda Galicia, acompañados do músico Lino Rico, e tomarán a palabra Francisco Martínez López, ‘Quico’, veterano da guerrilla antifranquista, e Fernanda Cedrón Trigo, neta do Gardarríos.

Entre os dous actos haberá un xantar de convivencia, cun límite de 50 comensais. Toda persoa ou agrupación interesada en sumarse á celebración pode facelo avisando cunha chamada telefónica ao número 608.98.74.74, ou enviando un correo electrónico ao seguinte e-mail: homenaxegardarrios@gmail.com.

PERFIL

Nado o 24 de decembro en San Pantaleón de Cabanas, antigo concello de Riobarba, Trigo Chao foi emigrante en Cuba e Arxentina. Foi secretario xeral da agrupación socialista en Mondoñedo e sindicalista da Unión General de Trabajadores (UGT). Gardarríos de profesión, foi perseguido pola súa militancia e pasou á clandestinidade. Seguiu agochado ata 1948, cando foi asasinado coa súa parella.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

A Deputación participou en Foz nun foro sobre a problemática da vivenda

O Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, e a Deputada...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...