InicioCulturaSabela métese entre os cinco finalistas de OT cantando en galego

Sabela métese entre os cinco finalistas de OT cantando en galego

A vocalista de orixe ourolesa alcanza a última rolda tras colleitar o 43% dos votos do público

Publicada o

- Advertisement -

Poucos o esperaban cando a nominaron por primera vez na gala 1 do concurso -logo sería proposta para abandoar o concurso dúas veces máis-, pero o seu talento e a súa tenacidade convenceron a todos. A cantante das Pontes de orixe ourolesa Sabela Ramil será unha das cinco finalistas de Operación Triunfo (OT) 2018.

Igual que cando foi nominada por primeira vez, Sabela apostou de novo polo galego para xogarse un posto na final do programa e interpretou unha versión entre o tango e o fado de ‘Negro caravel‘, a peza composta por Rosa Cedrón e Cristina Pato a partir dun poema de Rosalía de Castro.

O xurado decidiu que Alba Reche se clasificase como terceira finalista do concurso, xunto a Famous e Natalia, que foron elixidos na gala 11.

A partir de entón, Sabela, Miki e Julia optaron a dous postos para a última rolda a partir da votación do público.

Sabela foi a máis votada -cun 43% do total- polos telespectadores nun accidentado escrutinio, xa que un fallo na app para votar levantou as suspicacias.

MIKI, ELIMINADO

Julia foi a quinta finalista cun 37% dos votos, mentres que a gala 12 deixou a eliminación de Miki, que colleitou o 20% do apoio dos telespectadores.

“QUE RARO FALARCHE EN CASTELÁN”

Sabela protagonizou un dos momentos divertidos da noite cando lle dixo a Mary, súa nai, “que raro se me fai falarche en castelán”.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...