InicioOccidentalCervoQueres aprender bailes de salón?

Queres aprender bailes de salón?

Terán lugar en Cervo e San Cibrao.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar en Cervo e en San Cibrao.

As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá.

O 7 de setembro está prevista unha reunión ás 21:00 horas, na Casa da Cultura, para concretar horarios, a data de comezo das clases e a organización dos grupos.As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427

A actividade foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, e polo profesor internacional de baile de salón, Francisco Villarino.

 

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...