InicioCulturaO Concello de Cervo entrega os premios dos certames das Letras

O Concello de Cervo entrega os premios dos certames das Letras

Os concursos animaban a "darlle unha volta" aos contos tradicionais

Publicada o

- Advertisement -

A área de cultura do Concello de Cervo entregou os premios dos concursos de narración e debuxo que convocou con motivo do Día das Letras Galegas. O certame animaba a darlle unha volta a relatos tradicionais, ou “cambiar o conto”.

No certame de narración, Beatriz Penelo levou o primeiro premio na categoría de menores de oito anos, e Valeria Iglesias o segundo galardón. No tocante ao concurso para maiores de nove anos, Nuria Rey escribiu o relato gañador e Tania Vilar obtivo o segundo posto.

DEBUXO

No concurso de debuxo, a ilustración de Adrián Prado foi elixida como a mellor. Aleixo Fernández conseguiu o segundo premio e Leire Arias foi distinguida co terceiro galardón.

Na categoría para maiores de nove anos, o premio recaeu en Óliver Álvarez. A edil de cultura, Dolores García Caramés, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, entregaron os premios durante o concerto de Caxade na casa da cultura de San Cibrao.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...