InicioCulturaO musical infantil 'Rapunzel', novo atractivo para o decembro cultural de Burela

O musical infantil ‘Rapunzel’, novo atractivo para o decembro cultural de Burela

O espectáculo, previsto para o sábado 29, encabeza a proposta do Concello xunto ao ballet 'O Crebanoces', para o que as entradas están á venta

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela anunciou este luns a súa programación cultural para o mes de decembro, na que destacará, ademáis do espectáculo de ballet ‘O Crebanoces‘, o musical infantil ‘Rapunzel‘ ou a proxección da película ‘Os Fenómenos‘, que incluirá un coloquio co director Alfonso Zarauza.

O programa comezará o vindeiro sábado, cunha obra de teatro infantil. A compañía Tanxarina Títeres recreará ‘A Galiña Azul‘, baseada no conto de Carlos Casares, a partir das 18.00 horas no auditorio. A entrada custará tres euros.

Na vindeira semana, sábado e domingo, celebrarase tamén o noveno Mercadiño de Nadal que impulsa cada ano o tecido asociativo burelés. Será na Praza de Abastos, de 12.00 a 20.00 horas.

Cartel do Mercadiño de Nadal. AXM

O evento incluirá un taller de manualidades de Nadal para nenos. O obradoiro, impartido por Gaia, será de balde. Celebrarase o sábado, 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00.

14 E 15 DE DECEMBRO

O venres 14, Burela acollerá a proxección da película ‘Os Fenómenos‘, e un coloquio co premiado director da cinta, Alfonso Zarauza, gañador de dous Mestre Mateo polo film.

O acto comezará ás 18.00 horas, coa charla. Ademais, os asistentes poderán ver unha curtametraxe sobre a rapa das bestas.

Para o sábado 15 está previsto o festival de panxoliñas e musica coral, impulsado pola formación polifónica burelesa. O acto comezará ás 20.30 horas no auditorio, con entrada gratuíta.

O martes 18, a compañía teatral Pallasos en Rebeldía interpretará ‘O Valo‘ nos colexios Virxe do Carme e Vista Alegre. Patrocina a obra, de balde, o Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade.

O mércores 19 regresa o tradicional concerto de Nadal da escola de música, a partir das 20.00 horas.

O domingo 23 será o día grande da programación cultural burelesa, co espectáculo ‘O Crebanoces’ de Tchaikovski. As entradas xa están á venta en ataquilla.com.

28 E 29 DE DECEMBRO

O venres 28, a Fundación Eu Son celebrará a segunda edición do seu festival de Nadal, que presentará a actriz mariñá Estíbaliz Veiga. A entrada custará dous euros, e o evento comezará ás 18.00 horas.

Finalmente, La Bicicleta recreará o musical infantil ‘Rapunzel‘, baseado na historia dos irmáns Grimm, que pechará a programación.

Será o sábado 29, con funcións ás 18.00 e 20.00 horas. As entradas están dispoñibles neste enlace.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...