InicioCultura'O Crebanoces' chega a Burela o 23 de decembro, coas entradas á...

‘O Crebanoces’ chega a Burela o 23 de decembro, coas entradas á venta desde o luns

O Gran Ballet de Kiev interpretará a obra de Tchaikovski, con localidades a 15 e 18 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela programou ‘O Crebanoces‘, o célebre ballet clásico de Piotr Ilich Tchaikovski, para o domingo 23 de decembro. Os interesados en acudir ao espectáculo poderán adquirir as entradas a partir do vindeiro luns.

O Gran Ballet de Kiev, en Ucraína, encargarase de interpretar a obra, que comezará ás 19.00 horas no auditorio da casa da cultura.

Estrenada no 1892, ‘O Crebanoces’ é un conto de fadas que narra unha historia baseada no relato infantil de Ernst Hoffman. Relacionada co Nadal, a trama comeza cando unha nena, Marie Stahlbaum, recibe un xoguete que cobrará vida. 

Logo de albergar ‘O Lago dos cisnes‘ no 2017, será a segunda vez que Burela acolle un evento destas características, segundo espuxo o concelleiro de cultura, José Díaz.

O edil espera que “se supere o nivel do ano pasado, porque a formación ucraína quizais estea por riba do Ballet de Moldavia que actuou no 2017. Trátase de bailaríns moi coñecidos e que actúan en países como Suíza, Italia ou Bruxelas”, precisou.

ENTRADAS

As entradas estarán á venta desde o luns en ataquilla.com, con butacas numeradas tanto no anfiteatro 1 como en platea. Os prezos ascenderán a 18 euros en platea e 15 euros no anfiteatro 1.

Das 800 localidades, a organización reservará 80 tiques para quenes compren o seu pase o mesmo o día do espectáculo.

Díaz considera que o evento ten potencial para atraer xente “de toda a comarca, do occidente de Asturias e de Lugo”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...