InicioCentral"MARINAE", un concerto polifónico en rede entre tres terras e con Ugía...

“MARINAE”, un concerto polifónico en rede entre tres terras e con Ugía Pedreira

Este serán a galega Ugía Pedreira acompaña, xunto con Elsa Core, á cantautora e percusionista italiana, Rachele Andrioli, nun concerto en liña dende tres puntos de observación nos extremos de Europa.

Publicada o

- Advertisement -

Ugía Pedreira e Elsa Corre participan este serán, ás nove e media, no proxecto MARINAE, da cantautora e percusionista italiana, Rachele Andrioli, producido por Finisterre World Music en colaboración con Nordesía.

O proxecto MARINAE xurdiu do encargo que fixo Rachele Andrioli a Nordesía, que pediu que escollera a escolla dunha intérprete galega que encadrara no perfil. Ao mesmo tempo, Rachele contactou co outro Finisterre, o bretón, identificado na voz de Elsa Corre, que xa coincidira con Ugía en Castropol. Estas conexións deron pé a realizar “un trío de exploración vogal, desde a composición e as formas tradicionais de cada un dos seus respectivos países”.

Dividida entre o galego, o galego asturiano e o territorio de entre ambas as augas do Eo-Navia, A Pedreira (Ugía Pedreira) centra o seu tema nas baleas e na transcendencia do mar nas nosas vidas desde Ortigueira, un exporto baleeiro no municipio asturiano de Coaña.

A canción a trío, con Elsa Corre e Rachele Andrioli, incluída no videoclip sobre estas tres fisterras europeas, gravouse no estudio de Ty Auel, de Pierre-Yves Rougier.

A artista de Vilaronte residente en Castropol, Ugía Pedreira  acompañará hoxe venres a italiana Rachele Andrioli neste evento no que tamén actuará Celsa Corre, cantora de Douarnenez, no departamento bretón de Finisterre. Ademais, Andrioli dirixirá o coro feminino Coro a Coro, creado por ela e integrado por 70 mulleres de Salento, no sudeste da rexión de Apulia, popularmente coñecida coma “o tacón da bota de Italia”.

MARINAE é un proxecto realizado por Finisterre Productions, en colaboración con Nordesía, coordinado por Erasmo Treglia e realizado coa contribución de Puglia Sounds “Programming Puglia Sounds Producers 2020/2021”.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...