- Advertisement -
A Fundación Carlos Casares, dentro do marco de actividades desenvolvidas no programa O teu Xacobeo, inaugurou a exposición “OS CAMIÑOS DE CARLOS CASARES” que recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe.
As citas e textos informativos poderán seguirse en castelán e inglés, ademais de en galego, mediante un código QR. Do mesmo xeito o visitante terá a posibilidade de acceder ao audio da reprodución automática de textos e descargar o folleto e o cartel oficial da exposición no sitio web da mostra.
O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este sábado na inauguración da exposición e puxo en valor o importante traballo que o fotoxornalista Xurxo Lobato desenvolveu para producir esta mostra, que recolle 40 fotografías inspiradas nos textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago.