InicioCulturaMiguel Paz gaña o concurso fotográfico de Alfoz con 'Mar de néboa'

Miguel Paz gaña o concurso fotográfico de Alfoz con ‘Mar de néboa’

“A la luz de la luna” de Bruno Fernández Pereira levou o segundo premio, mentres que o terceiro foi para “A ponte antiga” de Manuel López Méndez

Publicada o

- Advertisement -

O Concello anunciou o pasado martes os gañadores do seu primeiro premio de fotografía ‘Alfoz en outono‘. As fotografías gañadoras e os seus autores son:

1º premio (300 euros): “Mar de néboa” de Miguel Paz Sixto
2º premio (200 euros): “A la luz de la luna” de Bruno Fernández Pereira
3º premio (150 euros): “A ponte antiga” de Manuel López Méndez

Participaron 27 fotógrafos aficionados que presentaron un total de 51 fotografías a concurso. Formaron o xurado Santiago Otero de Vossaphotography, Jorge Val, alcalde de Alfoz, e Marisa Goás, Concelleira de Cultura non o tivo nada fácil para elixir as 3 fotografías gañadoras. “Mar de néboa” será o fondo da felicitación de Nadal do Concello de Alfoz.

As fotografías serán publicadas na web municipal e redes sociais todas as fotografías, as cales formarán parte da exposicón “Alfoz no outono” que se poderá visitar no Castelo de Castro de Ouro a partir do 27 de decembro. A edificación está aberta sábados, domingos e festivos de 12.00 a 20.00 horas.

“Este primeiro concurso de fotografía, incluído no Plan Único da Deputación Provincial dentro da Área de Turismo, terá continuidade o vindeiro ano polo que animamos e invitamos a todos os aficionados á fotografía a continuar elixindo Alfoz como lugar para realizar a súas instantáneas”, finaliza o Concello.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...