InicioCulturaO Concello de Lourenzá proxectará 'O que arde' en todas as parroquias...

O Concello de Lourenzá proxectará ‘O que arde’ en todas as parroquias do municipio

Os laurentinos poderán ver o premiado filme de Óliver Laxe do 11 ao 19 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

Dentro do programa de actividades de dinamización das parroquias, o Concello de Lourenzá, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, proxectará en todas as parroquias do municipio o filme ‘O que arde‘, de Óliver Laxe.

O calendario é o seguinte: o venres día 11, ás 20.30 horas, na escola de San Adriano; o sábado 12, ás 20.00 horas, no Salón de Actos do Concello; o venres 18, ás 20.30 horas, no Centro Social de San Xorxe; e o sábado 19, ás 20.00 horas, no pavillón polideportivo de Santo Tomé.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “o aforamento será limitado polo que deben reservarse as entradas, que serán gratuítas, a través do teléfono do Concello (982.12.10.06), en días laborables de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Será obrigatorio o uso de máscara, haberá xel hidroalcólico a disposición do público e gardaranse as distancias de seguridade”.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...