IniciosociedadeAgasallos polas casas, monicreques ou zonchos para manter vivo o Samaín na...

Agasallos polas casas, monicreques ou zonchos para manter vivo o Samaín na Mariña a pesar do virus

O desfile vicedense, un dos pioneiros de Galicia, non se poderá celebrar despois de 17 edicións consecutivas

Publicada o

- Advertisement -

O desfile do Samaín do Vicedo, un dos pioneiros de Galicia, non se poderá celebrar como de costume nesta fin de semana, despois de 17 edicións ininterrompidas. Así o informou o goberno local vicedense, que organiza o evento coa Asociación de Pais e nais (Apa), a través dun comunicado de prensa no que explica que, con todo, nin a Covid-19 vai acabar por completo cos festexos.

Desde o executivo municipal explican que o sábado pola noite farase “un acto alternativo” no que dous vehículos de Protección Civil desprazaranse polas casas, coas correspondentes medidas de precaución e “da mesma maneira que se fixo no confinamento”, para levar un “agasallo especial de Samaín” a aquelas crianzas que, ao longo das últimas semanas, “enviaron un mail con fotografías a unha conta de correo electrónico do Concello”. É o xeito que atopou o goberno vicedense “de manter, dalgunha maneira, o Samaín do Vicedo vivo”.

TÍTERES E CONCURSOS ANIMAN A FIN DE SEMANA EN CERVO

Actividade de Fervenza de Sargadelos. AXM

En Cervo, a ACR Fervenza de Sargadelos non fará o habitual desfile, pero si que disporá un espectáculo para nenos. Títeres Cachirulo ofrecerá ‘Contos para pasalo de medo‘, desde as 19.00 horas do sábado no auditorio da casa do Concello. A asociación precisa que as portas abriranse media hora antes e que, en atención ás medidas sanitarias, o aforamento estará limitado e será obrigatorio o uso da máscara.

O espectáculo, axeitado para nenos de entre tres e doce anos, consta de historias que axudan a vencer os medos.

Cartel das actividades de Samaín do Concello de Cervo. AXM

VIVEIRO ANIMA A FACER OS COLARES DE CASTAÑAS PROPIOS DO MAGOSTO

Pola súa banda, desde o Concello de Viveiro animaron ás familias do municipio a manter viva no tempo e traspasar ás novas xeracións a tradición dos zonchos (colares de castañas cocidas).

“Unha tradición que non podemos perder, pois é un patrimonio cultural inmaterial marabilloso que debemos de recuperar”, asegura a concelleira de cultura de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Trátase dunha tradición moi estendida hai décadas que consistía en ir ao camposanto, no día 1 de novembro, cun coar de zonchos no pescozo para honrar aos finados.

A tradición dos fonchos está relacionada co Magosto, ritual funerario que aínda hoxe se conserva coa venda de castañas nas portas dos camposantos.

O castiñeiro, sinalan desde o Concello, tamén se considerou sempre en Galicia unha árbore funeraria e escritoras como Rosalía de Castro, en ‘Cantares Gallegos‘, facían referencia a esta tradición: “Has de cantar, que che hei de dar zonchos; has de cantar, que che hei de dar moitos…”.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...