InicioCulturaLocalizadas as comunicacións de nacemento de Maruja Mallo e Ramón Vilar Ponte

Localizadas as comunicacións de nacemento de Maruja Mallo e Ramón Vilar Ponte

O achado produciuse durante os traballos de clasificación e ordenación do arquivo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia localizou as comunicacións de nacemento da pintora vangardista Maruja Mallo (1902 – 1995) e do xornalista e político galeguista Ramón Vilar Ponte (1881 – 1936). O achado produciuse durante os traballos de clasificación e ordenación do arquivo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Viveiro (Lugo), municipio do que procedían.

Ambos os documentos xa foron trasladados ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo para a súa conservación e posta a disposición da cidadanía, segundo informa o Goberno galego a través dun comunicado.

Tal e como explica a Xunta, a comunicación de nacemento era “un documento necesario” para a inscrición no Rexistro Civil dos nenos e nenas que acababan de nacer. Aínda que estas facíanse inicialmente nos concellos, a partir da lei provisional do Rexistro Civil de 1870 -vixente ata 1957- pasaron aos xulgados. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...