InicioCulturaVanesa Sotelo gaña o premio Mondoñedo 10 coa obra de teatro 'Bonita'

Vanesa Sotelo gaña o premio Mondoñedo 10 coa obra de teatro ‘Bonita’

A escritora do Morrazo recibirá o galardón o vindeiro domingo, durante a celebración das San Lucas

Publicada o

- Advertisement -

Vanesa Sotelo, con ‘Bonita‘, gañou a terceira edición do premio Mondoñedo 10, na modalidade de teatro.

A asociación As San Lucas, o colectivo Mondoñedo É e o Concello impulsan este galardón, que teñen como obxectivo contribuír a salvagardar a lingua e cultura galegas.

O xurado do premio elixiu a obra de Sotelo ao entender que ten “unha voz dramática cun lirismo que entronca con Álvaro Cunqueiro” e “un valor testemuñal ao respecto das mulleres represaliadas ao longo da Historia”.

O acto de entrega do premio celebrarase o vindeiro domingo, ás 12.30 horas, no auditorio Pascual Veiga, nun acto no que a asociación cultural Alexandre Bóveda interpretará dúas breves pezas teatrais.

FINALISTAS

A obra gañadora impúxose a pezas de Manuel Lourenzo, Candido Pazó, Chévere Teatro ou Teresa González, entre outros.  

PALMARÉS

Sotelo (Cangas do Morrazo, 1981), actriz e dramaturga, sucede no galardón a Manuel Rivas, que no 2016 gañou o premio con ‘Os libros arden mal‘, e a Chus Pato, gañadora en 2017 con ‘Hordas de escritura‘.

Membros do xurado posan ao lado da estatua de Álvaro Cunqueiro. AXM

XURADO

Formaron o xurado o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, Olivia Rodríguez, da Real Academia Galega (RAG), Dolores Iravedra, do Consello da Cultura Galega; Afonso Becerra, da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG); Antonio Salgado, da asociación de actrices e actores; Tareixa Campo, en representación do sector editorial; Diego Vázquez, representante das empresas de artes escénicas; e Francisco Piñeiro, en representación do Concello.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...