InicioCulturaA versión de Rosario de Sabela válelle continuar en OT

A versión de Rosario de Sabela válelle continuar en OT

A vocalista con raíces en Bravos cantou 'Como quieres que te quiera' xunto a Marilia na gala 3

Publicada o

- Advertisement -

A cantante pontesa con raíces en Bravos Sabela Ramil conseguiu avanzar en Operación Triunfo ao solventar a gala 3.

A vocalista galega interpretou xunto a Marilia ‘Como quieres que te quiera‘, de Rosario Flores, e fixo unha boa actuación aproveitando o ton pausado e íntimo da canción, un rexistro no que se sinte cómoda.

No seu veredicto sobre Ramil, Wally López, do xurado, resaltou a voz “preciosa” da rapaza e o feito de que “fixeches teu un gran tema”.

DAMION E JOAN, NOMINADOS

Damion e Joan Garrido foron os nominados ao final da gala. Os dous rapaces pelexarán por continuar tralo programa do vindeiro mércores na academia, un posto que terá asegurado Sabela.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...