InicioCulturaA biblioteca de Lourenzá publica os premios das Letras Galegas

A biblioteca de Lourenzá publica os premios das Letras Galegas

O Concello convocou premios en narración e en debuxo e 13 nenos resultaron premiados

Publicada o

- Advertisement -

A biblioteca municipal Juana Ibarbourou de Lourenzá deu a coñecer os premiados na fase local do certame de narración e debuxo correspondente á celebración do Día das Letras Galegas 2018.

DEBUXO

No apartado de debuxo, na categoría A, Souad Boufeljat e Bilal Maaji, de seis anos, foron premiados, xunto con Ibtissam Mbitil, de sete. Na categoría B, as distincións foron para Pablo Reigosa Castro, de nove anos, e Kevin Irimia Méndez e Noa Valiña Ginzo, de once. Na categoría C, o xurado distinguiu a obra de Cristina Sardina Neira, de doce anos.

NARRACIÓN

No tocante ao apartado de narración, na categoría B, Carlos Docampo Iglesia e Noemí Huertas Fornos, de dez anos, recibiron recoñecemento, así como Antía Gutiérrez Gavín, de once. Na categoría C, Claudia Carril Cabaleiro e Iván Muíño Comendeiro, de doce anos, foron os premiados.

O concelleiro de cultura, Manuel Arango, felicita aos nenos premiados e agradece a colaboración do profesorado do Ceip Juan Rey.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...