InicioCulturaActrices, equipo e localizacións mariñás para o novo videoclip de Basanta

Actrices, equipo e localizacións mariñás para o novo videoclip de Basanta

O cervense Xaime Miranda rodou o novo traballo da banda viguesa en lugares como o Espazo Caritel, San Estevo do Ermo ou Mondoñedo

Publicada o

- Advertisement -

O grupo vigués Basanta vén de estrear o videoclip ‘Gris‘, unha produción realizada na Mariña Lucense.

Dirixiu a peza o cervense Xaime Miranda, coa tamén cervense Sabela Blanco como xefa de produción. Elena Lombao encargouse da fotografía e Eloy Couceiro, Miguel Fernández, Maite Señoráns e Antón Miranda.

‘Gris’ contou coa actriz Uxía Caldeiro, de Burela, integrantes de Amigos do Entroido Ribeirao e veciñanza da Mariña.

Para a rodaxe, o equipo elixiu varias localizacións da bisbarra, como Santo Estevo do Ermo, a costa de Ribadeo, o Espazo Caritel e a vila de Mondoñedo. O proxecto contou coa colaboración do Concello mindoniense e do Rei das Tartas.

SEGUNDA COLABORACIÓN

‘Gris’ é o segundo videoclip que Miranda roda na Mariña para a banda viguesa. ‘Inferis‘, o primeiro, obtivo o premio á mellor peza no Festival Primavera de Cine 2018.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...