InicioCulturaO Mes da Maxia volve en novembro con 19 locais participantes

O Mes da Maxia volve en novembro con 19 locais participantes

Os restaurantes ofrecerán nas fins de semana ceas a entre 25 e 30 euros coa actuación dun prestidixitador

Publicada o

- Advertisement -

A Mancomunidade da Mariña Lucense, en colaboración coa Xunta de Galicia, impulsará a sétima edición do Mes da Maxia, que se celebrará nas fins de semana do 2 de novembro ao 1 de decembro. Participarán no programa seis magos e 19 locais de hostalería.

Cada establecemento elaborará menús “máxicos”, cun prezo de entre 25 e 30 euros. Quenes se inscriban poderán desfrutar durante a cea da actuación dun prestidixitador: participarán os magos Jorge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi.

Na páxina web do Mes da Maxia pódense consultar as propostas e as datas para cada local. Todos os eventos comezarán ás 22.00 horas.

ESTABLECEMENTOS

Nesta edición do evento participarán os seguintes restaurantes: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis en Plas, Rincón do Mis, O Cabazo, A Yenka, Texturas Galegas, A Penela, Area Grande, O Almacén, As Sirenas e Parador de Turismo de Ribadeo.

POTENCIAR O TURISMO

O obxectivo do Mes da Maxia, expón a Mancomunidade, é promocionar A Mariña Lucense nos meses de menor afluencia de turistas, co obxectivo de desestacionalizar o turismo.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...