InicioCulturaA Festa da Faba, raíña da axenda da primeira fin de semana...

A Festa da Faba, raíña da axenda da primeira fin de semana de outubro

Tamén haberá teatro, concertos infantís en Viveiro e Burela e exaltación dos callos en Xove

Publicada o

- Advertisement -

A Festa da Faba protagoniza a axenda cultural da primeira fin de semana de outubro na Mariña Lucense

BURELA

A Panadaría recreará a obra sobre ‘Elisa e Marcela‘ este venres no auditorio, a partir das 21.00 horas. A entrada custa cinco euros. O sábado, Magín Blanco presentará, no mesmo escenario, ‘Camiños‘, un espectáculo de música infantil. Comezará ás 18.30 horas.

A Federación de Comercio A Mariña (FCAM) segue cos seus sorteos de 1.500 euros. Esta fin de semana será en Burela, o sábado ás 20.30 horas.

O Pescados Rubén Burela FSF disputará, tamén o sábado, o primeiro encontro da tempada diante da afección. O cadro burelao recibirá, a partir das 18.30 horas, a un recén ascendido, o Sala Zaragoza

Cartel da AXM.

CERVO

A Coral Alborada de Viveiro e o coro da Asociación Amigos do Camiño de Santiago ofrecerán un concerto na casa da cultura de San Cibrao, desde as 20.00 horas.

O domingo, ás 19.00 horas, no mesmo recinto, haberá un espectáculo cómico para todos os públicos. Pepablo Patinho e Montse Piñón presentarán ‘A máquina do tempo‘.

LOURENZÁ

A vixésimo oitava Festa da Faba de Lourenzá comeza este venres ás 19.00 horas, coa inauguración do stand convidado e unha cata comentada de viño. Durante a fin de semana, a exaltación gastronómica ofrecerá degustacións, concertos -coma o de A Roda– ou eventos deportivos, como a carreira popular. Consulta o programa completo aquí.

OUROL

Os Aturuxeiros de Bravos inspeccionarán o río o domingo, desde as 10.00 horas. Comprobarán o estado do caudal e da fauna e da flora da contorna.

Cartel da inspección do río. AXM

O VICEDO

A casa da cultura do Vicedo acollerá este sábado, a partir das 20.00 horas, unha obra de teatro. O grupo Rebuldeira interpretará ‘Delicada‘. A entrada é de balde nunha actividade organizada pola agrupación Nordés.

RIBADEO

A Panadaría tamén recreará ‘Elisa e Marcela’ en Ribadeo. Será o domingo, ás 20.00 horas.

VIVEIRO

O musical ‘Yo soy ratón‘, definido como “canción protesta infantil”, chega a Viveiro o sábado. O espectáculo celebrarase no Pastor Díaz, desde as 18.30 horas. A entrada para adultos custa cinco euros e a dos nenos menores de tres anos, dous.

XOVE

O Alto do Cruceiro celebra a Festa do Ramo e a exaltación dos callos. A degustación gastronómica será o venres, desde as 20.00 horas no recinto Onofre Louzao, cun prezo de cinco euros por ración. Actuarán na verbena Los Satélites. O sábado haberá misa, partido de solteiros contra casados e baile con Pekados e Nevada.

O pavillón de deportes de Xove acollerá a ducias de palilleiras na novena edición do encontro, durante todo o día. 

ÚLTIMAS

As Festas do Carme en Porcillán contarán coa colaboración do Concello de Ribadeo

Do 19 ao 21 de xullo celébranse en Porcillán as festas do Carme, que...

Viveiro presenta unha APP que permite ver en 3D as antigas portas da vila

O Concello de Viveiro presentou esta mañá a súa nova APP, que permite experiencias...

X Edición da 1/2 km Vertical Monte Comado en Barreiros

O vindeiro domingo, 21 de xullo, Barreiros acollerá a décima edición da carreira popular...

As xornadas de Historia da Pomba do Arco en Foz abordarán desde a romanización até o nazismo

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle entre 29 de xullo...