InicioCulturaSabela convence ao público e seguirá en OT

Sabela convence ao público e seguirá en OT

A vocalista pontesa salvou a nominación coa súa versión de 'Benditas feridas' ao colleitar case o 80% dos votos emitidos

Publicada o

- Advertisement -

A cantante pontesa con raíces en Bravos Sabela Ramil seguirá na academia de Operación Triunfo despois de solventar a ameaza de expulsión do concurso. A vocalista galega xogouse unha praza no certame con Alfonso, o outro concursante nominado da Gala 1.

Mentres que Alfonso decantouse por unha peza de John Legend, Sabela elixiu unha canción de Rosa Cedrón, a súa profesora de canto. A vocalista pontesa cantou en galego para millóns de espectadores de toda España.

A súa versión de ‘Benditas Feridas‘ convenceu ao público e valeulle a Sabela a continuidade no concurso.

Resultado da votación. AXM

A única representante galega de OT 2018 impúxose co 78,8% dos votos emitidos polo público, polo 21,2% que recibiu o cantante madrileño.

NOMINADOS

Os nominados da Gala 2 foron Dave e África, que competirán por un posto o vindeiro mércores.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...