InicioCulturaQuico Cadaval, Magín Blanco ou Xacarandaina, no outubro cultural de Burela

Quico Cadaval, Magín Blanco ou Xacarandaina, no outubro cultural de Burela

O actor e dramaturgo ofrecerá un monólogo sobre a Guerra Civil o día 19 e a agrupación folclórica mostrará o mellor da súa traxectoria o 27

Publicada o

- Advertisement -

Un monólogo de Quico Cadaval ou a actuación da agrupación de folclore galego Xacarandaina son dous dos atractivos da programación cultural do Concello de Burela, que arrincará coa representación da obra Elisa e Marcela, a cargo da Panadaría. Será este venres, desde as 21.00 horas.

O actor, narrador e dramaturgo Quico Cadaval presentará ‘Os inocentes‘ o venres 19, desde as 21.00 horas. Trátase dun monólogo baseado na Guerra Civil que mestura humor e denuncia social. Patrocinará a actuación Agadic, da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O grupo de música tradicional e baile galego Xacarandaina, un dos máis representativos de Galicia, actuará o sábado 27, a partir das 20.00 horas. A formación coruñesa traerá a Burela o espectáculo Patrimonio Inmaterial’, un repaso da súa traxectoria -cumpre 40 anos– e das súas achegas, tanto no folclore como no vestido.

PARA NENOS

Outro dos reclamos da programación cultural burelesa será o concerto de Magín Blanco, que ofrecerá ‘Camiños‘, un espectáculo musical para nenos. Será o vindeiro sábado, ás 18.00 horas, con entrada de balde e englobado no Ler conta moito. Dentro deste mesmo programa enmárcase a actuación de Paco Nogueiras, o sábado 20 á mesma hora. 

Tamén para os pícaros, o venres 12 haberá teatro de monicreques con Trompicallo. O día 26, ás 20.30, os profesores do Ceip Virxe do Carme de Burela representarán a obra ‘O mítin’.

Ademais, haberá dúas sesións de cine infantil no auditorio (días 14 e 28) e o domingo 14 volverá o rastrillo popular solidario.

PREZOS POPULARES

Os prezos das entradas anticipadas aos espectáculos oscilarán entre os tres e os sete euros. O edil de cultura de Burela, José Díaz, sinala que “presentamos unha programación de gran calidade e quenes queiran poden asistir a todos os eventos por un prezo total de 20 euros“.

ÚLTIMAS

José María Leal: “O marqués de Sargadelos foi socio de corsarios”

-A súa palestra sobre 'pirataría ao corso' fala sobre dúas figuras que se confunden...

Tres acusados dun homicidio imprudente en Alcoa en 2017 aceptan un ano de prisión e un cuarto enfróntase a dous anos

Catro persoas sentáronse este mércores no banco dos acusados do xulgado do Penal 2...

O propietario de Sargadelos volve pedir o peche das instalacións

O dono de Sargadelos, Segismundo García, criticou aos sindicatos que este martes se reuniron...

Ribadeo licitará as obras de mellora en dous pavillóns deportivos

Ribadeo licitará nos vindeiros días as obras de mellora en dous pavillóns deportivos: o...