InicioCulturaA historia dun explorador de Taramundi gaña o premio da banda deseñada...

A historia dun explorador de Taramundi gaña o premio da banda deseñada asturiana

Ánxelu González narrou en 'Cacique blancu' a vida do colonizador José Fernández Cancio

Publicada o

- Advertisement -

O debuxante Ánxelu González gañou a décima edición do Premio Alfonso Iglesias de Cómic, o galardón máis importante de banda deseñada de Asturias. Fíxoo con ‘Cacique blancu‘, a historia dun explorador do Occidente astur.

Segundo confirmou o autor, a obra está baseada nunha historia real, a dun rapaz de Taramundi que, no século XIX e con 17 anos, marchou a América.

Trátase de José Fernández Cancio, que buscou no continente americano os restos do último gran explorador español, o vasco Pedro Enrique Ibarreta, e do etnógrafo italiano Guido Boggiani, ambos asasinados polos nativos.

“O CACIQUE BRANCO”

Cancio, un home ambicioso marchou a América para facer fortuna e primeiro probou sorte en Uruguai. Logo estableceu o seu centro de operación en Asunción (Paraguai) e converteuse nun importante terratenentecolonizando moitos territorios virxes. Era coñecido entre os indios como “o cacique branco”.

DOTACIÓN

O premio, que concede o Gobierno de Asturias, está dotado con 3.000 euros.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...