InicioCulturaSeis xoias do Museo do Prado sairán ás rúas de Castropol

Seis xoias do Museo do Prado sairán ás rúas de Castropol

Nunha actividade enmarcada no Foro Comunicación y Escuela e nunca realizada en España, a pinacoteca exporá en prazas e parques seis reproducións de obras a tamaño natural

Publicada o

- Advertisement -

O Foro de Comunicación y Escuela, que impulsa o IES Elisa y Luis Villamil de Vegadeo, organiza os días 1 e 2 de outubro actividades en colaboración co Museo do Prado.

Unha das actividades incluídas neste proxecto será a exposición ‘O Prado sae á rúa‘, na que se exhibirá en Castropol desde o martes seis reproducións de obras da prestixiosa pinacoteca.

As réplicas dos cadros poderán verse ata o 14 de outubro en vías como a praza do consistorio, a Plaza Cruzadero ou o Parque Vicente Loriente. Os que se acheguen a estes lugares poderán desfrutar das pinturas a tamaño natural nunha iniciativa que se realiza por primeira vez en España.

Ese mesmo día, ás 13.00 horas, tamén se abrirá unha mostra no consistorio castropolense, con outras dez reproducións de obras do Museo do Prado, todas do século XIX. O horario de visitas da exposición será de de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas, de luns a venres.

Ademais, o centro de estudos vegadense acollerá outra mostra con réplicas de cadros do século XIX que se espoñen na pinacoteca madrileña. A duración da exhibición será a mesma, cun horario de 16.00 a 18.00, en días laborables.

TALLERES DIDÁCTICOS

Ademais, o programa inclúe talleres didácticos. Entre o luns e o martes participará alumnado de catro centros: o IES Luis y Elisa Villamil, o C. P. Jovellanos, o CRA Ría del Eo e o C. P. La Paloma de Castropol. Por parte do Museo do Padro acudirán Esther de Frutos, xefa de actividades educativas da pinacoteca, e Fernando Pérez Suescum, xefe de contidos didácticos.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...