InicioCulturaO musical infantil 'Yo Soy Ratón' chega a Viveiro o vindeiro sábado

O musical infantil ‘Yo Soy Ratón’ chega a Viveiro o vindeiro sábado

O espectáculo, para nenos e adultos, aspira a remover conciencias con pezas de rock ou funk

Publicada o

- Advertisement -

O rompedor musical infantil ‘Yo soy Ratón‘ chega a Viveiro o 6 de outubro. O espectáculo verase en Galicia por primeira vez con dúas únicas datas, a da Coruña (o día 7) e máis a da cidade do Landro.

Concebido polo educador e músico Manu Rubio e polo multiinstrumentista Paul Castejón, ‘Yo soy ratón’ defínese como ‘canción protesta infantil‘ ou ‘música para nenos apta para adultos‘. Trátase dun espectáculo que se desmarca dos patróns habituais da música infantil ao combinar o rock e o funk coa world music.

O musical apelará tamén aos adultos, que poderán replantexarse a súa visión do mundo a partir dunhas cancións que aspiran a remover conciencias.

VENTA DE ENTRADAS

O espectáculo será no teatro Pastor Díaz, desde as 18.30 horas. O prezo das entradas é de cinco euros, dous para os nenos menores de tres anos. Os tickets poden mercarse no Viveiro Tatoo Estudio (na avenida de Navia Castrillón, 14) ou neste enlace.

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, a edil de cultura, Lara Fernández, e Iván Pérez, de Viveiro Tatoo Estudio, presentaron o espectáculo.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...