InicioCulturaMonólogos e teatro destacan na axenda da última fin de semana de...

Monólogos e teatro destacan na axenda da última fin de semana de setembro

Espectáculos de Luis Piedrahita, Carlos Blanco, Xoán Curiel ou A Panadaría animan A Mariña

Publicada o

- Advertisement -

Como cada venres, repasamos a axenda cultural e de ocio da fin de semana na Mariña Lucense.

BURELA

O cómico coruñés Luis Piedrahita presenta este venres en Burela (21.00 horas, casa da cultura) o seu espectáculo ‘Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas‘.

A Marosa Cup reúne esta fin de semana en Burela a 500 deportistas de fútbol base. Entre os 36 equipos participantes está o Deportivo

Tras dous empates nas dúas primeiras xornadas, o Pescados Rubén Burela FS masculino busca a súa primeira vitoria do curso contra o potente filial de El Pozo. Será o sábado, en Vista Alegre, desde as 18.30 horas. O Burela FSF arrinca a Liga na Coruña, contra o Viaxes Amarelle, o sábado ás 18.00.

O cantautor fonsagradino Xoán Curiel e a banda Son+de2 presentan o espectáculo musical e teatral ‘A Casa do Terror‘, dirixido a nenos de entre sete e doce anos. Será o sábado, na casa da cultura, ás 19.30 horas.

A Praza da Mariña de Burela acollerá o domingo, desde as 17.30, un taller de robótica para nenos, aberto e gratuíto.

CERVO

Mariña Patrimonio e Fervenza de Sargadelos organizan un roteiro para coñecer o patrimonio arqueolóxico e natural de Cervo. Será o domingo, cun percorrido desde Rueta a Sargadelos.

FOZ

Este venres, no centro de interpretación de San Martiño de Mondoñedo, Luis Cordeiro Mañón e Celso Rodríguez Cao ofrecerán unha conferencia sobre arqueoloxía titulada ‘Novas aportacións para o estudo da necrópole medieval da basílica de San Martiño’.

San Martiño de Mondoñedo. TURISMO DE FOZ

A premiada obra sobre Elisa e Marcela, o primeiro matrimonio homosexual en España, que recrea A Panadaría, chega a Foz o sábado. Será ás 19.30, na casa da cultura, con entrada a 3,5 euros.

LOURENZÁ

Carlos Blanco ofrecerá unha escolma dos seus mellores monólogos o sábado en Lourenzá, ás 20.30 horas na casa da cultura.

Carlos Blanco. CEDIDA

VIVEIRO

Vivemar alcanza a súa semana final cun coloquio -este venres, 19.00 horas, sala multiusos do consistorio- sobre a restauración da ría de Viveiro. Tamén haberá cantos de taberna.

A xornada do sábado inclúe un recital poético ou mercadiño infantil, entre outras actividades, e para o domingo queda o ciclo de cine marítimo, en sesión matinal e de tarde. Ademais, continuará durante toda a fin de semana o tapeo en 25 locais de Viveiro, Celeiro e Covas. Podes descargar o programa ao completo neste enlace. 20180828 (2).CRONOGRAMA VIVEMAR

Petiscos en Vivemar. AXM

Os máis pequenos poden desfrutar dun novo capítulo do Sábado de Contos, ás 12.00 na biblioteca con entrada de balde. A Tropa de Trapo presentará ‘Contos de nenas grandes e pequenas‘.

Tamén o sábado, ás 20.30 horas, a FCAM sortea en Covas 1.500 euros entre os compradores no comercio local.

XOVE

Charla de toponimia. AXM

O BNG organiza este venres, desde as 20.00 horas na aula de formación de Xove, unha charla de toponimia local a cargo de Vicente Feijóo, responsable neste ámbito da Real Academia Galega (RAG).

ÚLTIMAS

Alcoa ten o apoio dos accionistas para comprar a australiana Alumina Limited e ter todo o complexo de San Cibrao

Os accionistas de Alcoa, cun apoio do 99% dos presentes en xunta especial, apoiaron...

O pleno de Ribadeo abordará a seguridade na vila e outros temas como a Pancha

Pancha, seguridade, miradoiro de Loctudy e 4º Plan de Igualdade centrarán o pleno que...

Furgonetas ‘cero emisións’ para a brigada de obras de Viveiro

Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro informa da compra de dúas novas...

Bandeira azul á Praia de Area en Viveiro

O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que esta mañá procedeuse ao izado...